|
De César Prada |
Os marcos expositivos rachan máis aló das galerías tradicionais, e na rede complementaria da cidade, o primeiro nivel é o
Café Isaac, no que
Moxom de Montederramo oferta unhas obras escollidas dende as raiceiras -cerne da terra-; mais tamén están pinturas de
Baldomero Moreiras ou
César Prada, aquel máis escuro, este luminoso; con aqueloutra peza broncínea de
Tony Ferrer, que comparte oferta e inquedanzas.
Por outra banda un coleccionista privado vende obra na Galería
Visol, sendo unha de
Xosé Luís de Dios de 1964, unha nai e unha filla, a máis salientable. Hai ademáis algunha de
Prego de Oliver; ou de
Virxilio e
Baltar, amigos e compadres. A crise económica invita á movelas de mans.
Outro é o caso das burguesas instalacións do
Club de Tenis (nas que se insire o
Ateneo dende fai uns meses, confluencia conxuntural de supervivencia mutua), onde presenta
Lola Veiras unha ampla mostra dende a súa percepción como decoradora e pintora.
Trátase dunha exposición en toda regra na que a autora mostra en grandes e pequenos formatos a súa pintura caracterizada por amplos empastes de cor, vitalista, á que nos ten acostumados.
Arumes de congostra ou
Fantasía -un bodegón mariño-, son obras de interese.
|
Costa da Morte de Lola Veiras |
Noutras é a liña a que conduce o ritmo, máis algo esmorecido e con menos forza. Por máis que os regalos semellan estar no gozo gratuíto da deleitación dende a contemplación.
|
Maite Vázquez posa diante do seu Belén para a Catedral (foto Xesús Fariñas para La Región. |
Este é o ámbito do Belén que cada ano coloca a candorosa e inspirada
Maite Vázquez na Catedral. Preséntao nunha capela da nave con escenas ás que lle vai engadindo santos, como desta volta 'Santa Eufemia'... Un tema iconográfico oportuno dado que seica vai ser a 'Peza do mes' do chamado Museo Arqueolóxico de Ourense -que non existe de facto dende fai case tres lustros, como os visitantes e ourensáns sabemos-, santa que é copadroeira da Catedral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario