|
Soños de Romasanta |
Dende a entrada co Totem alaricano -madeira e chumbo-, pasando polas pezas ibizencas -terra e ceo-, e o gran relevo monocromo que dun tálamo próximo se amosa de novo dende 1983, ata as catro pezas dos Soños de Romasanta, ou Fuxindo do Arnoia, todo son formas e cores, rostros e torsos, anacos dunha paisaxe que fusiona fuxindo da anécdota coa categoría da terracota policromada.
|
Soños de Romasanta |
Este é Acisclo, exemplo de actitude que remove as derrotistas actitudes coa súa actividade. Eis a esencia do grande mestre no que se ten convertido, a mirada pousada, son de seu. Rematou o verán mais Acisclo segue a ser luz. E sorriso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario