Arte, utopía e dó. Catro aproximacións 1989-2007. Con este título o artista alaricano
Jorge Varela ben de defender a súa tese de licenciatura na Facultade de Historia do campus de Ourense. Noraboa !
|
Foto do artista, tomada do D.U.V.I. |
“
Todos os traballos expoñen a necesidade dun cambio social e político, desde unha actitude que pretende dalgún modo reparar a perda: dos mortos e esquecidos e da súa imaxe, dos desaparecidos e asasinados e torturados, dos emigrantes que perderon a súa relación coa linguaxe de orixe ou dos que xacen en fosas comúns baixo os nosos pés”, sinalou Varela á redactora do Diario da Universidade de Vigo (
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6090&Itemid=10). A investigación, foi dirixida pola
Dra. Mª Victoria Carballo Calero. Segundo a noticia tratase de prácticas artísticas (
O bus da memoria, Carteis viarios, Index of the disappeared e Foxa común) nas que os creadores desenvolven proxectos en colaboración con asociacións de dereitos humanos, de memoria ou de inmigrantes, obras que tratan dende as 'ferramentas estéticas' pretenden 'reparar a perda ante a morte ou pedir xustiza (?!).
|
O artista con unha das súas obras coa que se premiou a Fernández Naval en 2010 (Certame Fiz Vergara Vilariño) |
|
Velaquí outra das súas obras, que puidemos ver en Volter, Ourense, 2009. O boneco chámase Manolo... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario