Nas longas décadas da Ditadura do Xeneral Franco houbo un Poeta noso que deu coa tecla alegórica que a define para as libertades civís: "Longa noite de pedra". Este Maiúsculo Poeta foi -é- Celso Emilio Ferreiro. Este mes que comeza hoxe vai concentrar os actos principais de Homenaxe, en conmemoraión dos cen anos do seu nacemento. A Real Academia Galega vai facer hoxe en Celanova un 'pleno extraordinario'. A 'Fundación Curros Enríquez' -área cultural-, e o Concello -área política- colaboran... A Xunta de Galicia está por trás (é a Deputación de Ourense...?) Unha reunión festiva da palabra e da música -porque é máis que un concerto- en Vigo o día 14 completa así o mes de celebracións (que se inicia hoxe) !
Vitrina da exposición interactiva, Casa da Xuventude, Ourense |
A Xuntanza festiva de Vigo no Centro Cultural Novacaixagalicia será presentado pola poeta Yolanda Castaño e recitarán versos as escritoras Iolanda Zúñiga, Rexina Vega e Inma López Silva; a música de Ataque Escampe, el MC El Puto Coke, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide y la Coral de Beade. Estará tamén o infatigable e omnipresente mestre -loas para o seu labor- D. Xesús Alonso Montero. (concerto homenaxe en Vigo)
A sesión plenaria en Celanova é pública. Intervirán os Académicos Margarita Ledo Andión, Salvador García Bodaño o Francisco Fernández. Estará presente, a modo de peche, o Pte. da Autonomía Alberto Núñez Feijóo. Haberá tamén música de Amancio Prada con poemas do grande Poeta cívico.
Ben acaído esta rematar co cadro de Manuel Vidal inspirado / baseado nas lecturas de Celso Emilio Ferreiro e no seu exempro ético. O 'poema culpable' por baixo...
Ben acaído esta rematar co cadro de Manuel Vidal inspirado / baseado nas lecturas de Celso Emilio Ferreiro e no seu exempro ético. O 'poema culpable' por baixo...
Monólogo do vello traballador (vello cavilando), ól. 116 x 90 cm. |
"MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero".
No hay comentarios:
Publicar un comentario