O pasado sábado 24 de marzo asistimos con uns amigos á presentación dunha singular liña de cosmética elaborada dende as uvas Mencía de Amandi, na Adega 'Rectoral de Amandi'. O fundador dela, e os fillos, son de Ourense. O seu viño estrela que leva ese nome, da variedade Mencía, ademáis da súa calidade ten dende o berce un deseño pioneiro e singular de Eloy Lozano.
Aquí vimos unha fermosa paisaxe de viñas en dirección a Ourense dende o luminoso e elegante loft balcón, concepción e deseño de Esperanza González ('Fento'). O artista de Ourense Manuel Vidal plasmouno nun vibrante cadro evocativo do finado empresario vitivinícola.

Manuel Vidal: "Viñas da Rectoral de Amandi". Nas ladeiras de Forcas e San Lourenzo (Parada do Sil), o artista pinta ó fundador da Adega Manolo Vázquez "Arnoia". |
O acto completouse co concerto dun sobranceiro dúo de acordeóns 'Jeux D’Anches', dentro do circuito das Juventudes Musicales de España, único concello de Galicia que o acolle. Marko Sevarlic & Nikola Kerkez, tocaron un breve e intenso repertorio ('Petruschka', Falla e Astror Piazzola). Unha tarde perfecta.
Os actos son parte da programación da Feira de Viño de Amandi (Sober) que se vai celebrar o próximo Domingo de Ramos, como de costume: a XXXIIª edición. Unha das actividades previas que son novidade este ano.
Pinturas murais de Proendos (estilo renacentísrtico manierista, século XVI) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario