Nova exposición en Ourense (
Centro Cultural, Deputación), desde hoxe xoves, primeiro día do novo mes, deste pintor e pedagogo, cuxa traxectoria veño seguindo dende fai lustros. Traballa en Vigo, máis é un miñoto ourensán da marxe sur, terra dos claros
viños Campante do Ribeiro de Castrelo de Miño, onde naceu en 1957.
|
Intervención do artista. Detrás autoridades e o presentador. |
O artista había exposto a súa obra na nosa cidade con anterioridade nas paredes da sala do Ateneo en maio de 2009.
|
"Vin un apacible recuncho" |
Un acuarelista de ampla mancha e fonda dinámica que nos amosará as súas imaxinativas obras nas que conviven as nubes e a terra nunha dinámica fértil e evocadora.
|
"Só eran catro casas" |
Ramón Méndez Paz nos amosa a súa visión, saída dunhas viaxes imaxinarias, por máis que sexan unhas terras que están preto de nós. Máis
o artista non pinta todo o real e
o concreto, ese
termo medio non é para Moncho Méndez, xa que logo ese deus pragmático, apacible e comedido que disecciona calquer fragmento, non gusta dos seus pinceis: prefire comprometerse nos amplos e desconocidos camiños da
representación dual de terras e ceos en dialéctica interacción.
Como Marzo, entre a estación da escuridade e da friaxe, a da luz e o calor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario