Páginas

jueves, 15 de marzo de 2012

La pintura de Xavier Pousa y Ourense (II)

É a terra o espazo vital das persoas (na arte é a paisaxe: rural, urbana, campestre...). Cando Pousa coñece á súa dona visita a miudo Ourense, e comeza a pintala, escollendo como modelos as rúas da cidade daquel 'Ourense perdurable', en gloriosa frase con caducidade se pensamos naqueles anos máis como concepto aínda aproveitable. El quere atrapar na súa retina dun xeito consciente unha parte da cidade, a zona N. da Catedral, principalmente.

Mais son as persoas o fundamenta urbano, a urdime da colcha (el gusta máis da trama): así será o retratista dun pequeno círculo, familiar, agás algún compromiso. Velaquí os feitos: o do seu querido amigo Manuel García (de Buciños, terras do Concello de Carballedo / Lugo), como se coñece no mundo da arrte), grande escultor galego que vive en zona periurbana do antigo concello de Canedo, isto é, Ourense.

Buciños, debuxo dedicado en 1966
Buciños corenta anos máis tarde cando lle entregamos o 'Premio Francisco de Moure' no Ateneo (por trás da mesa membros do Grupo Francisco de Moure: o secretario, e quen esto suscribe).  Foto 10.V.2008, LVdeG,  S.M. Amil.
O retrato de Julio Francisco Ogando foi un encargo de aparato para o Instituto Otero Pedrayo, onde foi profesor e director moitos anos -durante a dictadura e primeiros da democracia (1966-1983)- este influinte persoeiro e personaxe singular da cultura ourensá. Por elo o retrato ecoa a Rafael ou Velázquez.

ól.l. 1983

Retrato da súa muller en 1968, ano no que se casou
Rematamos con un querido debuxo do artista: o da súa dona. Por elo Ourense. Sempre (aínda hoxe).

No hay comentarios:

Publicar un comentario