Páginas

domingo, 2 de octubre de 2011

A pintura de Manuel Pesqueira en Pontevedra

No ano do centenario do seu nacemento en Meis, pódese ver nas salas de NovaCaixaGalicia as obras de Manuel Pesqueira dende setembro a novembro que leva por título "De Terra e de Xentes". O artista finou en Pontevedra en 1988.


Alumno de Castelao nos seus comezos, do que absorbeu algo máis que arte e técnica plástica. Un dos seus grandes amigos, foi o xornalista Borobó, quen na revista que dirixía, 'Chan',  publica unha entrevista realizada por Xosé Fernández Ferreiro en 1969 onde lle contou que recibira en Ceuta a formación militar chegando a ser alférez, loitando en Toledo e Madrid,  estando a piques de perder a vida en 1938, perdendo a movilidade do brazo dereito polo que se viu obrigado como manecho a escomezar a praxís debuxística e pictórica.

 
Inspírase no agro, nos labregos, au nas romerías, que son o seu mundo; máis tamén o son as conversas de taberna, a familia e o mundo infantil.


Francisco Fernández del Riego, outro compañeiro do Partido Galeguista, dende os anos cincuenta lle facilita o camiño para expoñer en Arxentina. A súa "estética do granito" é ben coñecida, semellando Pesqueira pintar dende a naturalidade, sen intencións intelectuais.



"Pescantina" (1950), "Nai" (1955), "Rueiro" e "Guerra" (1965), "Labregos" (1968), "O amor" (1970), "Escea de taberna" (1973), "A parranda" (1975) ou "Fumador" (1980) son algunhas obras desta mostra dun dos grandes da plástica galega do século XX, xurdida despois de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, A. Souto e Maside, que formaron o grupo dos "Renovadores" ou "Novos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario