Páginas

martes, 2 de agosto de 2011

Rescatando un libro de Moncho Caride


Teño un intuitivo afecto a Moncho Caride Ogando, veciño que foi meu dende os anos de neno na parte de abaixo da praza da vila Vila de Cea. Xuntos coincidimos no mesmo colexio de Ourense polos mesmos anos, máis apenas xogamos xuntos.
Sigo o seu ronsel de escritor multi premiado e teño lido varias das súas obras. Estes días nunha librería de lance na costa de Arousa norte atopei a "Incerteza dos paraísos" (Ed. Evergráficas, León, 2000) e rescateina con ledicia. Logo, no seu primeiro conto, "Ollares", dedicado Chisco [Francisco] Fernández Naval -tamén con nós no mesmo colexio, e tamén escritor-, "polos lugares primeiros": comparto a idea.
Finalizo o post con unha boa foto do autor e con unha poesía súa ("Pedra do Salnés", dedicada ó gran escultor Manolo Paz, do que disfrutei no centro Simeón das súas obras nesta pasada Primavera).

PEDRA DO SALNÉS
A raíz da pedra
Cando a pedra medra
No fondo dos eidos
Pedra de nos mesmos
Mármores e áreas
O granito o xisto
Os seixos as laxes
Nas formas precisas
Esencias da pedra
Casa adro cruceiro
Penedo valado
Canastro lareira
Peto perpiaño
Lumeira pendello
Sártego escultura.


Pedra petroglifo
Dolmen pedrafita
Con mámoa pelouro
Memoria da pedra
Na flor destas pedras
Onde a térra soña.


A pedra fai voz
Fala ao noso ouvido
Cantigas tan doces
Berros que estremecen
A pedra que amamos
Pedra que latexa
Pedra con raíz
Cerne feito pedra
Lembranza esculpida
Gravada na codia
Señardade dor
Mornura agarimo
Misterio da térra
Na pedra chantada.


Aire feito pedra
Pedras que respiran
Aire que revive
No alentó das pedras
Nas bocas dos ocos
Espacios gardados.


Agarimo de pedra
Das pedras que amamos
Pedras que son tempo
Vellas testemuñas
Pedra nova agromo
De maos e ollos mozos.


Pedra irta deitadaPedra de nos mesmos
Terra feita pedra
Pedra
feita
pedra
A raíz da pedra
Da pedra
A pedra
A pedra
A pedra
A pedra sempre a pedra.


(A foto do autor dende asolaina.blogia.com O gume dos espellos, Ed.Toxosoutos, Noia, 2010, o seu más recente libro, producción xornalística, principalmente).

No hay comentarios:

Publicar un comentario