VAISE O MONFORTINO - CORUÑÉS LOIS PEREIRO...
"O corredor de fondo perde o alento
Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.
outono 95"
(Cfr. "Poesía última de Amor e enfermidade, 1992-1995", Edicións Positivas s.l., Santiago, 1995)
Mar, ondas, o ronsel delas na longa praia, a sombra e o reflexo...
(foto: O ollo de Mark Pfeifer)
(foto: O ollo de Mark Pfeifer)
No hay comentarios:
Publicar un comentario