en LA VOZ DE GALICIA (martes 10 de maio 2011)
Se a decepción apretou os dentes na túa alma, non cales. Se pensas -como eu penso- que os demócratas de esquerdas e dereitas padecemos déficit democrático, non cales. Algún, que non se levantaba nos desfiles cando pasaba a bandeira dos EE.?UU. (quizá recordaba La mauvaise reputation de Brassens), apresurouse en enviar felicitacións ao presidente, premio Nobel da Paz, Obama. Felicitacións por matar a un canalla. Porque Bin Laden era un canalla. Detesto todo o dano que provocou. Detesto o espírito bélico que encheu de terror o mundo. Detesto a palabra guerra e os seus derivados. Alégrome de que desapareza. Repito: alégrome de que desapareza. Pero nunca festexarei o óbito de ningún ser humano publicamente. Non sairei á rúa pública a aplaudir ningunha morte. Non gritarei viva Obama porque sempre me pareceu tan farsante como os anteriores: para ser presidente dos EE.?UU. hai que ser antes óptimo actor. Invádeme a mágoa, unha melancolía que apreta o meu adentro. Sinto repugnancia. ¿Onde chegou o ser humano? ¿Existen a sensibilidade, a tenrura, a piedade? ¿Por que me parece que día a día o mundo resulta, gobernos e oposicións, máis deshumanizado? Se xulgamos aos nazis, Pinochet e La Junta Militar, Sadam e Karadzic, habería que xulgar ao terrorista máis buscado. Optamos por disparar e tiralo ao mar. Volvo dicir: alégrome de que desapareza Bin Laden. Pero ¿están contándonos a verdade? ¿As razóns de Estado están por riba das razóns da razón? Parece que nos toman por idiotas. Por iso non calo. E ti non cales. Sei que aínda queda un resto no meu corazón, e no teu, que non se resigna ao escepticismo. Non cales.Gran columna. O punto de vista dun novelista, poeta, cantautor metido dende fai uns anos en columnista. Moi oportuna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario