XABIER L.de GARDÓN.
ARTE ET ALIA.
| Estatua de guerreiro, granito, S. I, achado nunca sasa do Outeiro da Laxe, parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, do castro de Armea. |
![]() |
| Espirais de Regodeigón, Ribadavia, ouro, prata e cobre, sécs. III-I aC. |
Desta volta a coordinación personifícase en Xulio Rodríguez, o director do Museo, e Avelino Rodríguez, da U.Vigo, sendo a iluminación de Arteficción.
| Lápida do Castro de san Facundo, concello de Cea, granito, sécs. I-II. |
| Estatuas sedentes de Xinzo de Limia, granito, sécs. I-II aC., achadas en 1972, preto do vello núcleo da vila, á beira do río, na paraxe da Cortiñela. |
![]() |
| Posado para a historia real dunha excavación doutrora: Castromao. |
Dende finais do século XIX ata os anos 70 do pasado século é o marco temporal que abrangue ou, o que é o mesmo, dende Marcelo Macías, presbítero e caldeirádego de Retórica e Poética, morto en 1941 case con cen anos, pasando por Arturo Vázquez Nuñez (+1907), e o enxeñeiro de camiños Díez Sanjurjo, quen estivo en Ourense ata 1910, pioneiros todos.
| Cuevillas e Ferro Cousello, entre outros, no levantamento dos restos da nai do Xeneral Sanmartín en Santa Eufemia, 1946-1947. |
De todos hai información relevante nas paredes, acompañada de fotos, algunha delas, como a deste último con Risco en Castromao. Todo para contextualizar as pezas.
Así a Ara de Calpurnia Abana, achada preto das Burgas, ou a Tabula Hospitalis de Castromao, ámbalas dúas do século II d.C., ámbalas dúas símbolos para Ourense e Celanova, respectivamente. Así tamén o torso de guerreiro do castro de Armeá (Sta. Mariña de Augas Santas) ou a arracada de Vilar de Santos, peza de ouro, que pasou ó Museo en 1979, cando rematabamos a carreira, e Bieito Pérez Outeiriño, compañeiro nos primeiros anos, estaba a estudala, investigación que viu a luz como o primeiro dos Anexos do Boletín Auriense.
![]() |
| Arracada, de Vilar de Santos, sécs. III-II aC., achada en 1924. |






No hay comentarios:
Publicar un comentario