De novo, outro pintor metido a escultor, neste verán que esmorece. Cada vez máis dende comezos de 2009 (Galyarte, Santiago), o que se gen plasmado na inauguración o pasado ano da súa primeira peza monumental na Praza de Saco y Arce de Ourense (a finais de xaneiro, adicada a Obdulia Díaz y Lola Nóvoa).ATA A ESGUEVA
Aquí na parroquia de Madarnás (Carballiño) está a 'Ínsula Barataria' de Luís G. Tosar, invento de fillo único na súa finca arbolada, espacio de soños do poeta que foi, e segue a ser, co que está a deixar a súa pegada física nun espazo lonxe do dos seus pais no concello do Irixo. A empresa cultural, coa inestimable axuda da Deputación Provincial, ben de escribir o seu IVº capítulo ou Festa da Palabra no mes de xullo pasado.
Trala inauguración o pasado ano da primeira escultura conmemorativa a unha obra poética (foron daquela os cincuenta anos de 'Nimbos' de Xosé María Díaz Castro con unha desmesurada e pouco matizada obra de Xosé Cid) elixiron desta volta ó pintor Manuel Penín. Este, polo de agora tiña colocado tan só outra peza no Casco Vello de Ourense. Agora, dende a inspiración do poema 'Irmaus', de Celso Emilio Ferreiro en 'Longa noite de pedra'... voilà!

![]() |
| O autor, foto de Xesús Fariñas para La Región |
![]() |
| Foto de Santi M. Amil para La Voz de Galicia no día da IVª Festa da Palabra |

No hay comentarios:
Publicar un comentario