Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
Páginas
▼
miércoles, 27 de junio de 2018
lunes, 11 de junio de 2018
Paula Paula Noya, en Alterarte
Paula Noya, en Alterarte, dende as vivencias familiares
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
Vive e traballa a artista lucense Paula Noya en Madrid, onde ten o seu fogar. Como ela, todos nacemos nunha familia e nunha terra, na que botamos raíces. Por veces, mudámonos cos nosos pais a outras cidades, e noutras ocasións por estudos, somos nós os que pasamos a outras terras, para quedarmos nelas. Disto ben a nostalxia adulta, pois botamos de menos a xente e o mundo no que habitamos os primeiros anos.
Da reflexión deste afastamento e separación, incluso da morte, extrae a artista o cerne da súa proposta expositiva na sala Alterarte, no Campus ourensán da UVigo. A mostra é a segunda do programa Estado Crítico 4, Dez curadores dez artistas 2018-2020, que coordina o profesor Buxán Bran.
Esta manchea de fotografías en branco e negro, deconstruídas e con quebracabezas que tapan / descobren nelas as ausencias. Estas son o devir, asentando o novo camiño dende a aceptación da dor, a construción dun cuarto de estar novo no porvir, onde a vida xermola, e coas presenzas anteriores aínda activas.
O proceso relatase en vídeo, inserido a seguir das fotos, enmarcado en dourado como todas elas: eis o mundo do pasado con marco, a modo dunha aura.
Fotografías feitas como pezas de rompecabezas, unha metáfora da construcción da nosa vida. |
Enfronte daquela instalación coas 'maiorum imagines', a artista expón grandes debuxos, tres sobranceiros novelosa lapis que enchen a parede co seu gran tamaño, que falan de espazos pechados, impenetrables e baleiros, dende os finos fíos de metal e as texturas, un deles de cadea, e un cuarto de arame de púas, noutra parede. Son esféricos, e con coidadas tramas de mallas furadas e ocas. Na distancia curta aprécianse neles vellos rastros do lapis, aínda visibles, como as marcas que son as cicatrices da vida.
Resta a parede principal da sala, o centro da exposición. A instalación desenrola con claves poéticas o abandono do fogar, un mundo que se estraga invadido polas cascudas, que se moven polos sendeiros invisibles das humidades ata o chan e as paredes veciñas.
A artista coa Curadora, Paula Cabaleiro, posando para nós antes da inauguración. |
Un coxín dourado aboia no decorativo papel de motivos dourados xeométricos e vexetais.
Paula, de apelido Iglesias Rois (Lugo, 1969), é profesora do IES Galileo Galilei, Madrid, e autora de 'Identidades y latidos', 2014, tendo feito coa curadora Paula Cabaleiro (Cangas do Morrazo, Pontevedra) '(En) la sutura invisible' na IVª edición de Mujeres mirando a mujeres, da que sae o de 'Enfiar a agulla para atravesar a ferida', frase coa que Cabaleiro une os dous proxectos expositivos, con complicidades persoais con Paula Noya.
E desde Palabra no Tempo, o libro de Mariño, 'Hoxe, onte do meu contento!', as cascudas son prateadas...
E desde Palabra no Tempo, o libro de Mariño, 'Hoxe, onte do meu contento!', as cascudas son prateadas...
jueves, 7 de junio de 2018
Charles Rennie Mackintosh, 150 aniversario.
martes, 5 de junio de 2018
Ao redor do monumento a Alexandre Bóveda
O persoeiro nacionalista galego foi executado en agosto de 1936 (monte da Caeira, Poio, Pontevedra, 17). Era niquela altura secretario do Partido Galeguista, partido que concurrira ás elección coa Frente Popular. Foi un dos redactores do Estatuto de Autonomía...
O clube Alexandre Bóveda foi pioneiro na súa vindicación.
O clube Alexandre Bóveda foi pioneiro na súa vindicación.