|
O artista diante don cadro seu de 1967. ¿Cuenca? |
Nacera
Antonio Quesada no Ourense da República en 1932, e a súa infancia discorre na guerra civil, coa adolescencia e xuventude na época da Ditadura Franquista, a do bloqueo político e a autarquía económica. A pequena cidade amoreábase nos derrames do Montealegre, a ámbolos lados do manancial salutífero das Burgas. Aquí está o seu territorio, co regato do Barbaña no límite dos xogos xuvenís con
Xosé Luís Méndez Ferrín, e os seus irmáns, pola Barronca da Alameda. Polo norte, a distancia da cidade vella, o Miño, máis presentido que visto.
|
Unha visión moi realista do Ourense, cara o Montalegre, 1966, dende a ponte das Burgas. |
Así tamén se lle irá facendo este mundo cos estudos en Madrid que o levan aos vinte e un anos a Zamora, funcionario da delegación de Facenda. E neste balcón sobre o río Douro, fronte do Campus Viriato, coa vista na Ponte de Pedra e o casco histórico, da comezo o seu cambio vital, aquí namorou e casou con
Fe, e fai familia,
Antonio, Héctor, Humberto e
María Fe, ademais de
Alicia, que nacería en Vigo con posterioridade a 1966, ano no que se trasladan.
|
Atmósfera, 1994. |
O ambiente de Ourense, de música, artistas e literatos, aos que
Vicente Risco chamaba 'artistiñas', cos que expuxera en 1962 en Madrid, farao cos poetas
Jesús Hilario Tundidor e
Claudio Rodríguez, e o pintor
Antonio Pedrero, co que terá algo máis que conversas. Aquel ano, na XXIª Exposición Nacional, obtén a medalla de bronce, moito máis que un estímulo. Xorden así as súas paisaxes, que pronto se iluminarán, como o '
Páramo da Gudiña', de 1971, medalla especial na bienal zamorana. Danlle a de ouro na Bienal de Pontevedra por '
Tierras rítmicas de Verín', de 1972, o mesmo ano do gran premio da IIª Bienal de Toledo por '
O Tajo-Texo'.
|
'Tierras rítmicas de Verín', 1972. |
|
'TierrasVelazqueñas', 1986.
|
|
El caminar de los árboles, 1982. |
Á busca dunha expresión sintética da paisaxe, con énfase lírica e idealista, nas súas amplas áreas cromáticas aboian os contrastes e o movemento, amosando a súa paixón pola natureza, que transmitiu nas viaxes familiares con caravana aos Pirineos ou ao Atlas marroquí, como nos lembraron
Humberto e
Maife, ela unha gran ilustradora.
Un esforzo rememorativo que deberá verse en Ourense e Zamora, onde xermolou todo.
|
Pueblo en el páramo, 1985. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario