ARTE ET ALIA.
artº en La Región
XABIER LIMIA DE GARDÓN
|
O artista o día da presentación diante do 'Gran prato marelo', 2013-2014, ól. s. tea, 200x300 cm. |
Trátase de
Quintana Martelo. Arriba e abaixo, no Centro Cultural, a súa obra se extende, luminosa, nas dúas salas de exposición, ofrecendo nos dous campos visuais a súa percepción. Con un afán de complementariedade non buscada, pois as obras foron xurdindo no tempo dende motivacións e inquedanzas distintas, afinada sempre, dende a súa mirada, os cadros, debuxos e esculturas. No seu estudo de Teo, a un lado de Santiago, pintou e realizou as que colocou na da planta baixa, elaborándoas por varios anos; e as do primeiro andar, máis recentes, fíxoas en Madrid, o seu novo taller.
Quintana e Martelo, mais todo elo non é máis que un camiño pois un,
Manuel, é o mestre. Todo conduce a todo, pola canle segreda do ser, cordón umbilical da esencia creadora plástica. E tamén da coherencia da vida.
|
As últimas rosas do roxo, e As rosas do roxo, 2013 ól.s.tea, 130x175 cm. (...), foto A.nieto. |
|
'Composición II, 2015: Marmelos sobre pila de pratos e follas,
sobre base, enriba dunha mesa. Non incluída no catálogo. |
O artista que chega ata nós por vez primeira é todo un veterano no mundo da arte, logo de ter levado a súa obra a Barcelona en 1970, onde estudou, Tarragona, Reus, Vigo, A Coruña, Pontevedra e a Compostela, terra na que naceu (Roxos, 1946). Madrid, París, Porto, Panamá e Suiza, e tamén La Habana e Nova York. Nesta gran urbe viviu tempadas, logo do seu paso pola docencia de Instituto no Xelmírez, decisión transcendente, fuxida persoal que o centra dende a introspección gañando a arte, e o noso país, un creador apaixonado.
Dende o Expresionismo á Abstracción, gusta o artista de
Rembrandt e Lucien Freud, Bacon e Duchamp. Mais é o realismo táctil á súa moda, ou xeito, o que engaiola a todos. En 2007, con sesenta cumpridos, un alto no camiño con unha dobre exposición en Compostela, a retrospectiva de trinta anos e ‘
Memoria’, coa que tomar impulso. Pasado e presente, como escribe
Fernández Cid no magnífico texto do espléndido catálogo. Aparece así unha escultura sui xéneris, na que todo, pedestal de madeira e peza broncínea conforman un todo: eis a procura da terceira dimensión. A estratexia de suscitar dous planos, que comezan sendo ángulos (
'From Schindler’s list', que coloca no frontispicio de xeito significativo) transfórmase nas obras-díptico, plasmando nun deles o concreto, como nos pratos de atelier, que repite con teimuda parsimonia e pracer. O outro é máis libre. Nel achegase ao abstracto ou informal.
|
'Duque de Medinacelli, 9', 2015, mixta s. papel |
Na planta superior
QM reivindicase como un pintor novel cos seus ‘
Containers’ de Madrid, que amosa por primeira vez. Velaquí o ‘
urban return’ neoiorquino, noutra volta da súa vida. Con un dicir plástico contemporáneo, o artista exhibe músculo pictórico. É unha formidable expresión da forma mental, dende a mirada, poesía da ollada sorprendida, bodegóns na rúa que documenta por capas, ou estratos, en papel, logo da fotografía inicial, para o cambio de escala final. Velaquí a mirada do artista, que transforma o mundo. Coa súa prodixiosa man para o debuxo, tema que escolle precisamente para o discurso de entrada na Real Academia Galega de BB.AA. en 2004, cubrindo a vacante de
Xavier Pousa, ourensán por matrimonio.
|
No centro, 'Marqués de Cubas, 23', 2012-2015, ól.s.tea, 260x780 cm., políptico. Obra utilizada para a invitación da exosición, que serviu como motivo para a capa do libro-catálogo. |
Dela é hoxe en día o seu Presidente. Dous anos antes, en 2012, habíanlle dado o Premio da Cultura Galega.