Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
Páginas
▼
miércoles, 22 de julio de 2015
Rivas, na Festa da Palabra dedicada a Francisco L. Bernárdez
Manuel Rivas lendo / recitando 'A boca da terra' onte na Insua dos Poetas / VIIª Festa da Palabra, adicada a Francisco Luís Bernárdez, escritor arxentino nado nas terras de Maside, bisbarra do Carballiño.
O novo poemario de Rivas, cincuenta e seis poemas 'de natureza insurxente': A terra que se esconde, A báscula de Ohio e Oracións funebres, son as súas seccións.
En lembranza no agasallado deste ano |
Follas da carpeta preparada ao efecto con textos inéditos, e portada con retrato da autoría de Antón Pulido, dende unha vella foto... (a composción da foto de Armando Requeixo). |
Rivas posa co busto cerámico do escultor acisclo Manzano |
Un agasallo, de seguro ( o libro presentarase na Feira do Libro de A Coruña a comezos de agosto) Para os que somos de Toledo/Ohio, of course, tamén.
Mágoa non poder estar (compromisos familiares festivos no día de Santa Mariña)
[Desta volta o evento retrasouse unha semana, e foi finalmente polo serán (a nosa reseña dende as fotos recibidas...)].
sábado, 18 de julio de 2015
Dieciocho de julio de 2000 fallece Valente, gran poeta
EL CUERPO CON SU MÁSCARA SE IRGUIÓ EN LA CIMA DE LA MADRUGADA
Qué dolor el morir, llegar a ti, besarte
desesperadamente
y sentir que el espejo...
De luz menos amarga
pero no de materia diferente
a nuestra desesperación o nuestros sueños
Comemos orden.
Nunca naceremos.
No quiero más que estar sobre tu cuerpo
xcomo lagarto al sol los días de tristeza.
ESTABAS A MI LADO
Y MÁS PRÓXIMA A MI QUE MIS SENTIDOS
(Del Diario de Almería)
Almería no olvida a José Ángel Valente. El poeta gallego que se hizo almeriense. La especial relación del Cabo de Gata y la poesía de Valente, 'difícil y hostil' como el paisaje almeriense, aunque 'extraña y amigable' en el fondo. La Junta ha financiado con 345.000 euros, a través del Plan Proteja, la restauración de la casa en la que residió José Ángel Valente, en el casco histórico, que lleva a cabo el Ayuntamiento de Almería.
miércoles, 15 de julio de 2015
'Banzo' de Xela Arias / fotos Xulio Gil
BANZO
É dolor de ver a quen ven que vai
pasar agora agoniada no poder do gozo a perda
nada infantil e groseiro presidindo veces
fuga va das cadeiras asentadas así percorridas
De bechos.
Tigres coma Cabalos, Xela Arias / fotos Xulio Gil
(Xerais, Vigo, 1990).
Deste gran libro, con deseño gráfico de Miguel A. Vigo, con foto da portada de Xulio Gil
Dende 24 fotografías e poemas, que se intercambiaron, a outras 24 creacións a posteriori. Foron trece os modelos que posaron para o fotógrafo, entre elas a propia Xela Arias, compañeira súa.
Así 'foi o modo. Publicouse sen pés de foto, nin ilustracións ó texto'.
Fol. v./ dereita |
Fol. r. /esquerda |
domingo, 12 de julio de 2015
ABANO DE ARTE NO VERÁN
'Finis Terre' de Marta Moreiras |
ARTE ET ALIA
Xabier Limia de Gardón
Co cambio de estación chegou san Xoán, as sardiñas pingan no pan, e as salas de arte da cidade comezan a súa programación de estío. Como nós. Mais antes de despedirmos dos que nos len, ata finais de agosto, queremos facerlles diversas propostas de visita ao elenco de exposicións, co consello de facelas de vagariño. Na radio escóitase Meno Ektos, da grande Eleftheria Arvanithaki, con Ara Dinkjan..., melodía coa que lles invitamos a pasar, se non o fixeron aínda, pola Galería de Arte Marisa Marimón, que ata o 24 amosa ‘Cándida Standwich. La Vie sans l'air’ de Pilar Alonso; e no Centro Cultural da Deputación Finis Terre da fotógrafa Marta Moreiras. De ámbalas dúas temos comentado nas pasadas citas. Nesta última institución está ‘Unha porta do Rial’, inaugurada fai uns días, pintura de Ehlaba Carballo de Dios, de Xunqueira de Espadanedo, e fotografía dixital de Riobó Prada. O título é dun lugariño de Maceda apenas xa sen xente. Luminosa.‘Doce Balas’, de 'Radu' |
Na súa sala principal, está a terceira mostra, ‘Doce Balas’, do compostelán ‘Radu’, esculturas que sorprenden polo material empregado, papeis impresos, cartonaxes, plástico e luces de neon, cos que conforma figuras humanas e de animais, e tamén polas doses de humor e surrealismo nos títulos (Pirata con polbo, Esperándote Amanda, Cadeira RIP ou o Vendedor de luz).
Outra exposición que sorprenderá é a da sala Alterarte, no Campus universitario das Lagoas, máis que nada pola temática sexual e de autoerotismo:’2009-2014.jpg’, do alacantino Javi Moreno. Debuxos explícitos a lapis sobre papel, mera escusa para reivindicar o orgullo LGBT (lesbiana, gay, bisexual e transexual), conmemoración anual que foi esta pasada fin de semana. Son formas humanas que xa non existen, polas datas en que se fixeron. Tales tamén as do "Ourense imaxinado", no Centro Municipal Jº Ángel Valente, máis doutro xeito, pois son unha visión do Ourense dos pasados cen anos a través de dez proxectos. A exposición artéllase baixo a foto aérea do lucernario central en tres seccións: os Equipamentos (1913-1949) edificios proxectados que deixaron pouso nunha idea de cidade compacta, caso do Gran Balneario, nas Burgas; a Expansión (1947-1961), cos proxectos da expansión da cidade cara Canedo, o Plan Parcial das Lagoas e a Ronda Bulevar; e a Modernización (1967-2010), coa arquitectura industrializada do Colexio-Residencia, e a aproximación cara os nosos ríos, Barbaña, ante todo, a reivindicar sen complexos, o Miño, e mailo Loña.
Fora da cidade podemos achegarmos á vila de Xinzo de Limia, onde se organiza entre o 5 e o 12 deste mes o I Certame de pintura mural Matrioska, actividade novidosa na que artistas nacionais e internacionais pintarán nas paredes medianeiras de sete edificios. A visita á Casa-Obradoiro da Pousa de Santa Leocadia (Taboadela) dun referente escultórico ourensán Xosé Cid, para contemplar ‘Diálogos figurados’ deixaralles pouso polas obras inseridas no amplo xardín da finca. O artista amosa nunca casa as súas novas obras de mármore, bronce, e algunha vistosa madeira patinada. Con el vai de novo seu fillo Rosendo, artista conceptual, que presenta colaxes, principalmente. Como antes fixeran no Museo Municipal, entón nun andar cada un, repiten o de fai tres anos aquí, logo da boa experiencia. Unha elegante exposición chea de suxestións esta que os dous artistas presentan arredor da figura humana, base da vida.
Raúl Diniz, artista brasileiro de Sao Paulo residente en Allariz é a proposta da Galería Visol. Cores cálidas dende debuxos planos. E no Municipal inaugura o xoves próximo Xosé G. Rivada, verinense que reside en Vigo. Dende o catálogo de ‘Pensamentos fuxidos’, amosa formas figurativas e abstractas de esculto-pintura, expresionismo matérico. Dinatá Dinatá, da Arvanitakis, sona agora. Antes, fixérano Alkistis Tropolsalti e Haris Alexiou...
'Diálogos Figurados': Aquí Xosé Cid, no fondo Rosendo C. |
viernes, 3 de julio de 2015
As vacacións estanse a achegar...
A obra que deixou Soledad Penalta no Centro Cultural da Deptación de Ourense, logo da súa gran exposición, nos fai lembrar o éxodo das xentes galegas cara as praias da súa terra. E tamén as festas gastronómicas...
Agora que se achegan as vacacións, para tantos...
Velaquí as fotos testemuña da tarde no relanzo da grande escalinata do Liceo.
Tempo de lecer, pois...