domingo, 17 de noviembre de 2013

Sula Repani e Antón Pulido expoñen en Pontevedra

Este mes hai dous artistas ourensáns que exhiben a súa obra en Pontevedra:, dende o comezo está Sula Repani, grega de Atenas, que vive e traballa en Tamallancos-Amoeiro dende fai moitos anos; e Antón Pulido, de Bóveda-Amoeiro, e vive e traballa en Vigo, está a piques de comezar. 
A ilustración é un promenor de "Grecia en el corazón", obra xa publicada no anterior post sobre a artista.

Así foi a inauguración segundo G. Santos para El Faro de Vigo con Miguel Cuña Casasbellas coa artista.

Sula Repani faino en Sargadelos da man da Fundación Cuña-Casabellas no marco do 'IXº Brumario Poético'. Co título "Periplo / Diadromí". Arte para acompañar a la poesía, porque a súa arte é poesía...

 (O programa mensual da fundación continuóu ao día seguinte coa obra de Luz Marleny Ramírez, artista colombiana que expón na Sala VerSus. A figura de Ulises inspira desta volta o ciclo de recitais "As voces de ninguén. Naufraxios e destino").


***

Antón Pulido e Nóvoa inaugura este próximo xoves no Museo de Pontevedra - VIº Edificio a súa 'Kermesse'. É este un concepto ou termo moi querido polo artista nos últimos anos. É o título dun óleo de 1991 que pertence aos fondos de Novacaixagalicia (estará na lista no BIC que se anuncióu?).


Imos ter que facer unha excursión a Pontevedra antes de que remate o mes !

No hay comentarios:

Publicar un comentario